Tocadiscos que converte as cancións a MP3 automaticamente

venres, 24 de abril do 2009 Marcus Fernández

Denon pon á venda estes días un prato para discos de vinilo, modelo DP-200USB, que permite converter as vellas coleccións musicais a MP3, podendo mesmo almacenar as cancións en memorias USB sen uso dun ordenador coma intermediario na operación, aínda que ao utilizalo en combinación cun PC podemos aínda tirar mellor proveito do trebello, pois inclúe unha aplicación chamada Trans Music Manager que permite cortar as distintas pistas de cada disco de xeito manual e automático, e incluso contrasta os temas dixitalizados cos servidores de Gracenote, para identificar o seu título e intérprete, facilitando a súa correcta catalogación.
O dispositivo está á venda en Amazon por 250 dólares (188,26 euros), e de seguro que resultará atractivo para os usuarios que non conserven un tocadiscos en bo estado e queiran recuperar a súa vella colección de vinilos.

PUBLICIDADE