Tomb Raider: Definitive Edition destaca entre os xogos ofrecidos para os usuarios de Xbox LIVE Gold en setembro
martes, 25 de agosto do 2015
Mentres Sony
está a afrouxar o ritmo cos xogos de PS Plus, Microsoft pisa o acelerador, e
presenta
un mes de setembro moi atractivo para os subscritores de Xbox LIVE Gold,
que poderán acceder sen custo adicional a un par de xogos de Xbox One e outros
dous de Xbox 360, coa vantaxes de que estes últimos tamén poderán xogarse na
consola de nova xeración grazas á retrocompatibilidade, detalle polo que este
servizo está a incrementar considerablemente o seu atractivo.
O principal xogo que estará dispoñible para Xbox One entre o 16 de setembro e o
15 de outubro será Tomb
Raider: Definitive Edition, xogo valorado en 29,99 euros, e que chega
posiblemente no mellor momento posible, xa que en novembro comezará a
comercialización da súa secuela en exclusiva temporal para Xbox One. O xogo
trátase dunha remasterización do reboot
de Tomb Raider, incluÃndo todos os
contidos descargables que foron saÃndo na anterior xeración de consolas, e
cunha importante mellora gráfica (que incluso supuxo cambios na propia
aparencia fÃsica da protagonista).
Máis modesto é o outro xogo que chega para Xbox One durante todo setembro, The Deer God, un xogo de plataformas con
gráficos pixelados que xoga con
conceptos como a reencarnación, colocándose no rol dun cazador que subitamente aparece
en forma de cervo que debe sobrevivir.
No caso da Xbox 360, na primeira quincena de setembro ofrécese o xogo Battlestation:
Pacific, valorado en 24,99 euros, e que vén a ser un xogo de acción,
aventuras, estratexia e simulación, desenvolvido por Eidos, e que permite
controla máis dun cento de unidades aéreas, navais e submarinas, loitar en dúas
campañas históricas individuais a grande escale e gozar tamén dun sistema
multi-xogador con 6 modos únicos nun grande número de escenarios de combate.
O xogo para a segunda quincena de setembro é moito máis importante, xa que
trátase do popular Crysis
3, valorado en 19,99 euros e integrante dunha popular saga que
conseguÃa marcar o teito gráfico dos videoxogos. Este xogo de acción en
primeira persoa foi un supervendas en 2013 e permÃtenos meternos na pel de
Prophet, un soldado equipado cun nanotraxe que facilÃtalle blindaxe e camuflaxe,
que desta volta combaterá nas Sete Marabillas da Cúpula da Liberdade de New
York, escenario bastante diferente dos contornos selváticos de anteriores
entregas.
Complétase asà un auténtico mes de luxo, especialmente para os propietarios
dunha Xbox One, que verán como a súa subscrición a Xbox LIVE non só lles abre a
posibilidade de xogar en liña, senón que tamén os compensa con excelentes xogos.