Tomb Raider: Underworld terá capítulos exclusivos para Xbox 360

luns, 6 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que o xogo Tomb Raider: Underworld, que promete devolver a gloria á saga protagonizada por Lara Croft, non chegue ás tendas ata o 21 de novembro, iso non impide que Eidos xa anuncie que os usuarios de consolas Xbox 360 poderán contar con capítulos exclusivos do xogo que se poderán adquirir a través do Bazar de Xbox LIVE (onde tamén se poderá descargar unha demostración do novo xogo ao longo deste mes).
Os novos capítulos serán Beneath the Ashes (que será unha continuación directa da historia do xogo a xeito de secuela) e Lara’s Shadow (que presentará a un novo tipo de personaxe xogable e creará unha experiencia única en Tomb Raider) e sairán no Nadal e a primeiros de 2009 respectivamente.
Tomb Raider: Underworld tamén se venderá para as consolas PS3, PS2, Nintendo DS e Wii, así como para PC.

PUBLICIDADE