Toshiba anuncia as súas unidades SSD de 512 Gb

xoves, 18 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A aparición dos primeiros ultraportátiles de baixo custo daba a entender que 2008 podería ser o ano no que os discos baseados en memoria estado sólido (SSD) substituísen aos discos duros tradicionais, pero segundo pasaron os meses se foi vendo como estas unidades non cumprían con prometido no tocante a rendemento (e a súa capacidade era moi reducida) o que levou a case todos os fabricantes a retomar o disco duro nas súas configuracións por defecto, pero iso non quere dicir que as unidades SSD non vaian ter un grande futuro, senón que a súa tecnoloxía procurou dominar o mercado cando aínda non estaba madura, e Toshiba continúa a avanzar nesta liña de produtos, de xeito que é o primeiro fabricante en chegar aos 512 Gb de capacidade nunha unidade SSD de 2,5 polgadas, que virá acompañada por discos de 64, 128 e 256 Gb tanto en 1,8 coma en 2,5 polgadas, que se poderán ver no primeiro trimestre de 2009 (comezando a súa produción masiva no segundo trimestre do vindeiro ano).
Estas novas unidades permiten un inicio dos equipos informáticos moito máis rápido que con discos duros tradicionais, teñen un mellor rendemento e carecen de ruído mecánico. Concretamente son capaces de realizar lectura secuenciais a velocidades de ata 240 Mbytes/seg. e escribir ata a 200 Mbytes/seg., e incluso contarán con encriptación AES para previr os accesos non autorizados aos datos almacenados nos mesmos.

PUBLICIDADE