Toshiba anuncia novos discos duros externos de 1,8 polgadas
xoves, 24 de xaneiro do 2008
Toshiba anunciou o lanzamento dunha nova familia de
discos duros externos, os gli HD,
que nun formato de 1,8 polgadas e capacidade de 60, 80 e 120 Gb permitirán o
transporte dos nosos datos nun tamaño reducido e cun elegante deseño externo,
pois estes discos contan con carcasas decoradas en 3 cores distintas.
EstÃmase que a
versión de 120 Gb custará uns 100 dólares, polo que aparte dunha estética
atractiva, parece que o seu prezo tamén será moi axustado.