Toshiba comercializará no Xapón o primeiro móbil con Windows Phone 7 Mango

mércores, 27 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A xente de Engadget puido probar o Toshiba IS12T

O Windows Phone 7 Mango pretende facerse un nome no último trimestre do ano, especialmente coa chegada dos primeiros teléfonos de Nokia co sistema operativo móbil de Microsoft (que vén de completar o desenvolvemento da súa última versión), pero parece que Fujitsu e Toshiba van a adiantarse á compañía finlandesa, e anuncia que en setembro van a comercializar o móbil IS12T, que non só virá co novo Windows Phone 7, senón que tamén destaca por ser resistente á auga (IPX5) e a golpes e contar cunha cámara de 13,2 Mpíxeles. O terminal funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon MSM8655 a 1 GHz, 32 Gb de almacenamento interno e unha pantalla táctil de 3,7 polgadas, Bluetooth 2.1 e Wi-Fi N, comercializándose en cores rechamantes (rosa, lima e negro).
É de agardar que este terminal non chegue a Europa (outros terminais avanzados de Toshiba continúan inéditos en occidente), pero parece que outros fabricantes como HTC poderían adiantarse tamén a Nokia na comercialización de móbiles con Windows Phone 7 Mango, sistema operativo que finalmente incorpora multitarefa, navegador web con soporte de HTML5, navegación GPS guiada por voz, recoñecemento de voz para o envío de mensaxes de texto e outras características que o distancia enormemente da primeira versión do S.O.


O novo terminal visto en vídeo

PUBLICIDADE