Toshiba lanzará o primeiro portátil con disco de memoria sólida de 128 Gb
martes, 18 de marzo do 2008
Toshiba anuncia que no mes de abril lanzará no Xapón o seu Dynabook
SS RX1 que permite a opción de integrar
un disco de memoria sólida de 128 Gb, sendo o primeiro equipo do mundo en
facer tal segundo o seu fabricante e dobrando a capacidade da opción SSD de
equipos coma o Macbook Air.
O novo portátil leva un procesador Core 2 Duo a 1,2 GHz, pantalla de 12,1
polgadas (cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles) e unha baterÃa que presume
dunha autonomÃa de ata 12,5 horas.
Se poderá adquirir tanto con disco de memoria sólida coma con disco duro, e tamén
poderá completarse cunha tarxeta CDMA para achegar conectividade móbil.