Toshiba lanzará tarxetas SD de 8 Gb en xaneiro

martes, 21 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Toshiba anunciou que dará un novo paso adiante na capacidade das súas tarxetas de memoria SD, xa que dende xaneiro de 2007 venderán unidades con 8 Gb de capacidade, que soportarán a especificación de escritura de alta velocidade class 4 e poderán gravar datos a 6 Mb/seg. polo que sería unha solución axeitada para aplicacións como a gravación de vídeo.
Deste xeito, empregando cámaras como a Panasonic HDC-SD1 podería gravar ata 3 horas de alta definición na nova tarxeta de memoria de Toshiba, o que sería un importante avance para as aplicación do vídeo dixital.
As novas tarxetas se venderán no mercado nipón a preto de 40.000 iens (uns 264,46 euros) aínda que o prezo no mercado europeo aínda non se anunciou.

PUBLICIDADE