Toshiba leva os discos duros de 1,8 polgadas ata os 160 Gb de capacidade
xoves, 10 de setembro do 2009
Toshiba vén de
presentar unha nova
liña de discos duros de 1,8 polgadas cunha capacidade de ata 160 Gb
nun único prato e cun grosor de só 5 milÃmetros, o que a fai ideal para os
reprodutores multimedia portátiles de nova xeración, cámaras de vÃdeo e outros
trebellos electrónicos.
Estes discos están etiquetado coma MK1634GAL, son moi silenciosos, están
equipados con interface PATA e xiran a 4.200 revolucións por minuto. Tamén
integran melloras de eficiencia enerxética reducindo o consumo un 24% con
respecto da anterior xeración de discos deste tipo, e as capacidades dispoñibles
a partir de setembro serán 60, 80, 120 e 160 Gb.