Toshiba venderá televisores 3D sen lentes antes de rematar o ano

luns, 4 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Durante a feira de electrónica CEATEC 2010 que ten lugar estes días no Xapón, Toshiba anunciou o que parece ser os primeiros televisores 3D que non precisan lentes en chegar ao mercado de consumo, e que serían concretamente os Toshiba Rezga 12GL1 e 20GL1, con pantallas de 12 polgadas cunha resolución de 466 x 350 píxeles e 20 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles respectivamente. As tendas niponas terán estes televisores dispoñibles en decembro a 120.000 iens (1.051,77 euros) o modelo de 12 polgadas e 240.000 iens (2.103,54 euros) o de 20 polgadas, descoñecéndose o prezo que terán noutros países.
Sorprende que esta tecnoloxía chegue tan cedo a uns prezos que poderiamos considerar moderados para seren uns dispositivos tan punteiros que poderían marcar o camiño a seguir na adopción das 3D aos fogares de todo o mundo, pois o uso de lentes especiais é un dos principais atrancos para a popularización das 3D, aínda que dende Toshiba son cautos ao asegurar que «levará varios anos desenvolver maiores televisores 3D sen lentes con pantallas de 40 polgadas e un prezo razoable», de xeito que quen desexe gozar de imaxes estereoscópicas en sistemas de cine en casa polo momento deberá conformarse con usar lentes.

Dende Toshiba deixaron ver tanto un modelo de televisor 3D sen lentes en tamaños de 12 e 20 polgadas

PUBLICIDADE