Touch Book: o ultraportátil que pode funcionar sen teclado
martes, 3 de marzo do 2009
Estamos afeitos a
ver ultraportátiles baseados en procesadores Intel Atom e cun tipo de deseño
bastante estandarizado, pero Always Innovating preferiu saÃr pola tanxente e
presentar o seu Touch
Book, coma un ultraportátil con capacidades de Tablet PC, procesador
ARM Texas Instrument OMAP3, e coa rechamante posibilidade de permitir separar o
teclado da pantalla, quedando coma un accesorio.
O Touch Book vén cunha distribución de Linux con dous modos de funcionamento:
un clásico e outro cunha interface 3D (para cando usemos o equipo en modo
Tablet PC, ou sexa, sen o teclado).
Tamén ten unha impresionante autonomÃa, integrando 2 baterÃas (unha na
pantallas e outra no teclado) que de combinarse poderÃan
subministrar alimentación durante ata 15 horas. Tamén prescinde de
ventiladores (o que o fai silencioso) e non precisa de apagado e acendido nos
seus usos senón que funcionarÃa coma un móbil (manténdose á espera cando non o
utilicemos).
Detallando, o equipo ten unha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de
1.024 x 600 pÃxeles, 8 Gb de almacenamento nunha tarxeta microSD, Wi-Fi
(802.11n), Bluetooth, 6 portos USB 2.0, altofalantes, tomas de micrófono e
auriculares, acelerómetro, unhas medidas de 23,9 x 17,8 x 3,6 centÃmetros (con
teclado) e un peso de menos de 1 quilogramo. Inclúe
aplicacións como a versión móbil de Firefox, poderá reproducir
vÃdeos de YouTube (incluso a 720p), aÃnda que posiblemente tamén poderá optarse
por instalarlle sistemas operativos coma Windows CE, Google Android ou Ubuntu,
e sairá á venda a finais da primavera a un prezo de a partir de 299 dólares
(100 dólares máis de incluÃr o teclado opcional).
Cómpre destacar que, a tenor das súas caracterÃsticas, o Touch Book é máis unha
PDA con forma de portátil que un portátil completo, pero servirá para os usos
máis básicos gozando dunha alta portabilidade.