Transmisor de vÃdeo sen fÃos compatible con alta definición e 3D
venres, 11 de novembro do 2011
Os transmisores de audio e vÃdeo sen fÃos actualÃzanse ás
novas necesidades, e IOGEAR
anuncia o seu Wireless 3D Digital Kit (GW3DHDKIT), que permite levar sen
cables un sinal audiovisual dunha habitación a outra, sendo compatible con vÃdeo
en alta definición (1.080p), contidos en 3D, e son dixital 5.1.
O IOGEAR Wireless 3D Digital
Kit consta dun emisor e un receptor, que poden transportar o sinal de 1 ou
2 dispositivos con HDMI e inclúe un receptor de infravermellos e un mando a
distancia para poder controlar en remoto os dispositivos de onde sae o sinal de
imaxe e son (como un reprodutor de Blu-ray ou un gravador dixital).
Esta solución ten unha cobertura de ata 30 metros e chegará ás tendas
norteamericanas antes de rematar o ano a un prezo de 379,95 dólares (276,22 euros).