Trials HD leva as peripecias sobre dúas rodas á Xbox 360
mércores, 12 de agosto do 2009
A partir de hoxe pode
adquirirse a través do Bazar de Xbox LIVE por 1.200 puntos (14,4
euros) o xogo Trials
HD, que tamén conta cunha versión de demostración de balde. Este
tÃtulo é un xogo de motos con efectos fÃsicos impresionantes, gráficos en alta
definición, máis de 50 pistas, dous modos de xogo (carreira e habilidade),
opcións de personalización dos condutores, motos desbloqueables, marcadores de
puntuacións globais (coa posibilidade de competir cos amigos) e mesmo conta cun
editor de niveis que permite tanto crear coma compartir pistas ilimitadas.
Trials HD é asà toda unha revelación
para a Xbox 360, que goza dunha implementación da fÃsica realmente boa, que
achega realismo e espectacularidade.