Trials Rising prepara a súa beta aberta
martes, 19 de febreiro do 2019
A saga Trials de
Ubisoft recibirá dentro dunha semana unha nova entrega, Trials
Rising, con versións para Xbox
One, PlayStation
4, PC
e Nintendo
Switch, que achegarán acción sen freo e alucinantes carreiras a través de
insólitos circuÃtos de todo o mundo (dende a Torre Eiffel até a Grande Muralla
Chinesa) e unha experiencia multixogador que busca animar ao usuario a
perseguir a gloria superando a rivais de todo o mundo, aÃnda que desta volta
tamén sorprende cun Modo Tándem no que dous pilotos, cada un coa metade do control
sobre a potencia e o equilibrio, terán que coordinarse.
Os xogadores tamén poderán personalizar libremente e compartir calquera traxe e
aspecto da súa moto, a elixir entre numerosas posibilidades, sen esquecer o
habitual editor de pistas de Trials.
Pero o mellor deste próximo lanzamento é que dende hoxe os usuarios de PlayStation
4 e os de Xbox
One poden descargar de balde a súa beta aberta, para asà poder gozar do
xogo en probas entre os dÃas 21 e 25, o que non só supón un acceso anticipado,
senón que esta participación preliminar bonificarase co desbloqueo da Trials
Turbo Bike no xogo final. Na beta estarÃa limitado o número de pistas
dispoñibles e os progresos non se gardarán para o xogo final.
VÃdeo promocional da beta aberta de Trials Rising