Twitter para Windows 8 incorpora soporte para múltiples contas

venres, 2 de agosto do 2013 Marcus Fernández

A aplicación oficial de Twitter para Windows 8 está a recibir unha importante actualización que, aparte de corrixir fallos detectados e mellorar a súa velocidade, incorpora novas características, entre as que destaca especialmente a posibilidade de empregar varias contas de usuario na aplicación, o que resulta especialmente interesante en contornos profesionais, onde é frecuente que se acceda nun mesmo equipo a contas de usuario persoais e corporativas.
Outra das características de Twitter da que agora pode probarse dende a aplicación de Windows 8 son las listaxes, que non só están presentes nas páxinas de perfil dos usuarios, senón que incluso poderán ancorarse á páxina de inicio do sistema operativo para facilitar o seu acceso.

PUBLICIDADE