Ultimate Marvel vs. Capcom 3 chegará a Xbox One o 7 de marzo

venres, 10 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

En novembro de 2011 chegou a PS3 e Xbox 360 o xogo de loita Ultimate Marvel vs. Capcom 3, ofrecendo un total de 50 personaxes dos cómics da Marvel e dos videoxogos de Capcom, e para que este xogo non quedase afastado dos xogadores das novas consolas a PlayStation 4 estreou o pasado decembro a súa adaptación con gráficos Full HD e con animacións a 60 imaxes por segundo, que por fin está dispoñible en reserva para Xbox One, consola que recibirá este título de Capcom o vindeiro 7 de marzo a un prezo de 24,99 euros.
O xogo contará con todos os contidos descargables que se lanzaron na anterior xeración de consolas e sen dúbida é un bo xeito de facilitar a espera por Marvel vs. Capcom: Infinite, xogo que chegará ao mercado a finais de 2017 e suporá unha importante renovación da saga por funcionar cun motor gráfico 3D (Unreal Engine 4) pese a estarmos ante un título de loita con mecánicas 2D.

Tráiler de Ultimate Marvel vs. Capcom 3 para Xbox One

PUBLICIDADE