Ultra SpaceStation 6: 12 Gb de capacidade repartidos en 6 pequenas memorias USB
venres, 14 de marzo do 2008
Os usuarios que están moi afeitos a un uso intensivo de unidades
de memoria USB para transportar datos entre distintos equipos poden organizar
mellor a súa información grazas á orixinal Ultra
SpaceStation 6, que é un arquivador para 6 pequenas tarxetas de memoria USB
de 2 Gb (sumando 12 Gb de capacidade) co tamaño dunha tarxeta de crédito, que
permite levar sempre os nosos datos enriba.
O sistema inclúe autocolantes para etiquetar
as distintas tarxetas, para indicar o seu uso (música, vÃdeo, imaxes,
xogos, documentos persoais ou documentos do traballo) de xeito que se pode
organizar o uso das memorias.
Esta solución tan curiosa se vende a 89,99 dólares (57,83 euros) na versión de
12 Gb, existindo tamén un modelo de só 6 Gb de capacidade que se vende a 59,99
dólares (38,55 euros).