Ulysse Nardin anuncia móbiles de luxo con Android
mércores, 21 de abril do 2010
Os consumidores
máis elitistas buscan en ocasións produtos que destaquen nola súa elegancia e
exclusividade, e pensando neste tipo de público Ulysse Nardin está a colaborar
con SCI Innovations para crear un teléfono móbil hÃbrido de luxo que goza das prestacións habituais dun terminal de
alta gama co sistema operativo Android e cun acabado único e moi rechamante.
O Ulysse
Nardin Chairman ten unha pantalla capacitiva de 3,2 polgadas,
teclado QWERTY virtual e teclado numérico fÃsico, lector de pegadas dixitais
para identificar ao usuario, cámara de 8 MpÃxeles, conectividade 3G, procesador
Freescale i.MX, 32 Gb de almacenamento interno, múltiples aplicacións
precargadas (YouTube, Google Maps, Gmail, Toogle Talk e Facebook), autonomÃa de
ata 8 horas en conversa e 30 dÃas en espera e un sistema para achegar corrente
eléctrica adicional aproveitando a enerxÃa cinética mediante unha tecnoloxÃa
propia.
O fabricante ten previsto comercializar 5
modelos deste móbil, limitando estas edicións a 1.846 terminais cada
unha, aÃnda que sen detallar polo momento o prezo ao que sairá este produto de
luxo do que xa aceptan reservas.
- O acabado do Ulysse Nardin Chairman deixa claro que estamos ante un terminal de luxo