Un Tablet PC ultraportátil para cativos
xoves, 30 de abril do 2009
Os portátiles
pensados para cativos cada vez son máis sofisticados, e seguindo a liña do
Classmate PC de Intel chega agora o PeeWee
Pivot Tablet Laptop, que serÃa un equipo con pantalla táctil de 10
polgadas, procesador Atom N270, 1 Gb de RAM, disco duro de 60 Gb, cámara web de
1,3 MpÃxeles, Ethernet, Wi-Fi, sistema operativo Windows XP Home e unha baterÃa
de 6 celas que o dota dunha boa autonomÃa.
Este equipo pesa aproximadamente 1 quilogramo, e non só a súa pantalla é
táctil, senón que tamén é rotatoria para poder converter o portátil nun Tablet
PC, e todo isto conservando a resistencia propia dun produto para rapaces de
entre 3 e 10 anos.
Vén cargado con software orientado aos máis cativos, coma o programa de debuxo
ArtRage 2, o recoñecedor de escritura (para o seu modo Tablet PC) MyScript
Stylus, o lector de libros electrónicos FBReader, o visor de PDF Foxit Reader, o
ArcSoft Webcam Companion e o Evernote.
Estariamos ante un produto que realmente serÃa ideal para o seu uso na aula,
senón fose porque o
seu prezo parte de 599,99 dólares, o que é algo elevado para un
portátil orientado a nenos.
- O equipo pode empregarse coma un Tablet PC