Un accesorio converte o Pokémon GO Plus nun anel
venres, 14 de xullo do 2017
Durante o pasado verán Pokémon
GO foi un fenómeno de masas a nivel mundial, o que provocou que un accesorio
deseñado para facilitar a captura de criaturas Pokémon e a recollida de
obxectos das Poképaradas, o Pokémon
GO Plus, tivese que adiar o seu lanzamento para poder atender á elevada
demanda. Pero que a pulseira para Pokémon
GO non chegase aos xogadores até a segunda metade de setembro non foi
precisamente positivo, e en moitos paÃses xa era tarde, e a moda do verán xa
estaba a perder pulo.
Para os que pagaran 39,99 euros por unha pulseira para o xogo móbil de moda chega ao Xapón
un
accesorio que custa 400 iens (uns 3 euros) que permite transformar o Pokémon GO
Plus nun anel, facilitando asà o levar o complemento para o xogo móbil que
permita realizar capturas durante os nosos paseos sen ter que sacar o
smartphone do peto. Polo momento descoñécese se este accesorio terá
distribución en Europa.
- O accesorio converte o accesorio Bluetooth para Pokémon GO de pulseira a anel