Un accesorio leva o karaoke ao iPad

venres, 23 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Os posuidores dun iPad 2 ou novo iPad que queiran practicar o karaoke na tranquilidade do seu fogar ou mesmo en mobilidade poden adquirir un deses accesorios que só poden chegar dende o Xapón: o Karaoke Anywhere for iPad 2. Trátase dun soporte para colocar o iPad (axustable nunha inclinación de ata 75 graos) que opera como un altofalante de 10 W ao que poden conectarse 2 micrófonos incluídos. Tamén incorpora reguladores frontais de volume e eco.
O seu prezo no Xapón é de 9.800 iens (89,68 euros), mentres que en tendas en liña internacionais o seu prezo sube ata os 135 euros.


Vídeo promocional do Karaoke Anywhere for iPad 2

PUBLICIDADE