Un adaptador USB-Lightning adopta forma de chave para facilitar o seu transporte
mércores, 18 de setembro do 2013
Mentres a meirande parte dos smartphones empregan actualmente
un conector micro USB para recargar a súa baterÃa, os usuarios de dispositivos móbiles
de Apple empregan uns conectores diferentes, o que dificulta que no caso dunha
emerxencia poidamos ter a alguén ao noso redor cun cargador compatible, de aÃ
que a empresa californiana Nomad Goods prepare o lanzamento dunha curiosa
solución: ChargeKey,
un adaptador de conector Lightning a USB que adopta a forma dunha chave,
para que poidamos levalo comodamente con nós no chaveiro, de xeito que para
cargar o iPhone 5 ou o iPad 4 só sexa preciso ter un porto USB a man.
Este novo accesorio sairá á venda o 30 de novembro a un prezo de 25 dólares
(18,73 euros) e serve tanto para realizar cargas de ata 3.1 amperes e sincronizar
os dispositivos por USB 2.0.
A mesma compañÃa tamén ten á venda as súas ChargeCard,
adaptadores con forma de tarxeta de visita (para facilitar o seu transporte na
carteira) que xa está dispoñible para conectores micro USB e para o iPhone
4/4S, e que a mediados do mes que vén tamén contará con versión para iPhone 5.
- A ChargeCard permite conectar o smartphone a un porto USB e pode levarse comodamente na billeteira