Un dispositivo permitirá crear fotografÃas Polaroid da pantalla do noso smartphone
mércores, 11 de setembro do 2019
Nos
últimos anos Polaroid Originals está a aproveitar a nostalxia do público para
comercializar produtos que lembren ás clásicas fotografÃas instantáneas, e tras
cámaras retro e novos cartuchos de papel fotográfico que simulaban aos
orixinais (aÃnda que sen chegar a replicar ao 100% o seu comportamento), van
lanzar en outubro o Polaroid Lab,
unha nova solución de revelado fotográfico que utilizará como fonte das
imaxes a pantalla do noso smartphone.
Espérase que esta especie de impresora analóxica saia á venda por uns 129
dólares e funcione con pelÃculas i-Type (o
paquete de 8 fotografÃas en cor véndese por 15,99 euros), replicando a
experiencia de disparar unha fotografÃa instantánea, pero en vez de retratar a
realidade, capturando a pantalla do teléfono, e esperando logo 15 minutos para
que a fotografÃa se revele.
Temos asà un produto que non será cómodo de utilizar, que terá un prezo moi
elevado (especialmente a nivel de consumibles) e cun resultado cunha calidade
moi discutible, pero que de todos os xeitos poderá ter unha boa acollida entre un
público que busca certo toque vintage, asà como distanciarse da tendencia
actual das fotografÃas masivas en dixital (que fai que cada instantánea sexa
moi efémera).
VÃdeo promocional do Polaroid Lab