Un novo rato USB integra un localizador GPS
luns, 8 de outubro do 2007
A converxencia de dispositivos electrónicos non se limita
ós móbiles (que están achegando dende cámaras dixitais ata PDA) senón que se
pode aplicar a case calquera trebello, coma demostra o Deluo MouseGPS, que integra un receptor
GPS nun rato de ordenador por USB, o que permite levar ó novo ordenador portátil
a localización xeográfica por satélite.
Este dispositivo é compatible co servizo de rueiros de Microsoft, e xa se
vende en tendas coma Amazon a 99,95 dólares (aÃnda non se vende en Europa),
podendo
adquirirse tamén con Microsoft Streets
& Trips 2008 por 30 dólares adicionais.