Un pequeno accesorio Bluetooth facilita o xogo en dispositivos móbiles
xoves, 2 de xaneiro do 2014
Para poder gozar de xogos para iOS ou Android mediante
controis fÃsicos dun xeito máis preciso de como fariamos con mandos virtuais en
pantalla existen numerosos accesorios entre os que resulta especialmente
curioso o mando iMpulse,
que presume de ser o máis pequeno para dispositivos móbiles ao medir 6,86 x 3,3
x 1,5 centÃmetros. Este cativo accesorio comunÃcase cos nosos dispositivos móbiles
a través de Bluetooth 2.1, conta cunha cruceta de 4 direccións, 4 botóns de
disparo na súa fronte e 2 botóns secundario na súa parte traseira, podendo
empregarse os seus botóns non só para xogar, senón tamén para disparar
fotografÃas a distancia ou o control multimedia.
O mando conta cunha baterÃa interna que pode cargarse a través de USB nunhas 3
horas para manter a súa autonomÃa durante unhas 9 horas de uso continuo. Está á venda por 39,99 dólares (29,28 euros).
- O pequeno accesorio é ideal para xogar en dispositivos con iOS ou Android