Un proxecto de micromecenado prepara unha versión mellorada do ZX Spectrum
luns, 24 de abril do 2017
Despois de numerosos proxectos de hardware problemáticos
baseados no ZX Spectrum, chega unha nova iniciativa con aires retro moito máis
prometedora, principalmente porque trátase dun proxecto con máis garantÃas (a
plataforma de lanzamento é Kickstarter, en vez de Indiegogo), e a súa proposta
é máis honesta por perseguir a creación dun novo ordenador, o ZX Spectrum Next,
que será compatible co software do Spectrum orixinal, pero terá distintas
melloras.
Este novo ordenador permitirá gozar dos milleiros de xogos e aplicacións que
existen para ZX Spectrum, pero para facer tal fuxe da senda da meirande parte
dos proxectos anteriores, e en vez de optar pola emulación por software,
procura replicar en boa medida o hardware da máquina orixinal, aÃnda que
ofrecendo máis memoria e un procesador máis rápido, de xeito que tanto
traballarÃa co software clásico como permitirÃa gozar de desenvolvementos máis
recentes.
O ZX Spectrum Next estarÃa baseado nun procesador Z80 a 3,5/7 MHz, 512 Kb de
RAM (ampliable a 1,5 Mb internamente e 2,5 MB externamente), soporta sprites por hardware e modos de vÃdeo
con 256 cores (fronte ás 15 cores do equipo orixinal), ten diversas saÃdas de
vÃdeo (RGB, VGA e HDMI), emprega tarxetas de memoria SD, o seu porto para
mandos (DB9) é compatible cos protocolos máis empregados (cursor, kempston e
Interface 2), conta tamén cun porto PS/2 (para conectar un rato con modo de
emulación Kempston e un teclado externo), integra funcionalidade multiface (para poder gravar partidas ou
introducir pokes), conta con tomas de
audio para poder conectarlle reprodutores de casete (para a carga e o gardado)
e incluso conta con opcións como Wi-Fi ou altofalante interno.
AÃnda que os coleccionistas de ZX Spectrum non parecerán moi interesados neste
produto, si resulta moi atractivo para desenvolvedores, que teñen aquà unha
plataforma moi interesante para as súas creacións, aÃnda que tamén resulte
curioso o feito de poder rememorar a carga de xogos mediante cintas ou a
posibilidade de conectar o equipo tanto a un vello televisor de tubo como a
unha moderna pantalla de alta definición.
A campaña
de Kickstarter para facer realidade o ZX Spectrum Next xa conseguiu superar
as 250.000 libras esterlinas que precisaba, polo que ten garantida a súa
produción, especialmente porque, en contraste con outras campañas, nesta
ocasión xa existen prototipos operativos do equipo, polo que non deberÃa de
haber ningunha sorpresa desagradable nos vindeiros meses, de xeito que os
mecenas recibirÃan o seu ordenador a partires do vindeiro mes de xaneiro. Quen
desexe a placa base do equipo pode achegar ao proxecto 99 libras (recibindo o
produto xa a partires do vindeiro mes de agosto), pero para gozar dun ZX
Spectrum Next completo haberÃa que aportar 175 libras esterlinas (236 euros cos
gastos de envÃo incluÃdos). Temos asà un produto cun prezo bastante elevado, o
que non freou a máis dun milleiro de mecenas a apoiar o proxecto do
desenvolvedor de videoxogos Henrique
Olifiers (co fundador de Bossa
Studios) que teimou na recuperación dun ordenador clásico do xeito máis
fiel posible e coa vista posta no presente.
VÃdeo no que podemos ver a placa do ZX Spectrum Next en funcionamento, demostrando que estamos ante un produto real