Un reprodutor multimedia permite rememorar xogos de Nintendo

martes, 10 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A última xeración dos reprodutores multimedia de Apple incorporaron a posibilidade de utilizar xogos deseñados para eles, pero outros reprodutores que compiten co iPhone non queren quedar atrás e incorporan a emulación de vellos xogos de Nintendo, de xeito que o seu catálogo de xogos resulta abraiante.


Demostración do funcionamento do Chi S70 amosada en Zol.com.cn

Así, o Chi S70 permite xogar a xogos das consolas NES, Gameboy e Gameboy Color, o que non parece unha opción moi legal (Nintendo non ten nada que ver con este produto de fabricación chinesa) pero que de seguro que vai a agradar a moitos nostálxicos.
Ademais, o Chi S70 inclúe unha pantalla QVGA de 2,7 polgadas, reproduce ficherios MPEG-4, MP3, WMA, WAV, AMR, ADPCM e PCM, de xeito que se converte nun reprodutor multimedia moi completo.

PUBLICIDADE