Un tablet chinés con Android 4.0 sorprende polo seu reducido prezo

xoves, 12 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

En decembro comentamos que MIPS Technologies sorprendía con NOVO7, o primeiro tablet do mundo en incluír Android 4.0 segundo o seu fabricante, e que presumía dun prezo de só 99 dólares, e agora a cousa vai máis aló, e agora a cousa vai máis aló e achegan o Ainovo Novo7 Paladin, unha versión reducida do anterior tablet (carece de cámara e de saída HDMI) que consegue reducir o seu prezo a 79 dólares, podendo conseguirse dende España por menos de 90 euros (incluíndo os portes).
Este tablet, pese a funcionar con Android 4.0.1, continúa a ser de baixa gama, cunha pantalla capacitiva de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador dun núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, Wi-Fi N, toma para auriculares, conector miniUSB, lector de tarxetas microSD, autonomía de 6-8 horas e 8 Gb de almacenamento interno, que aínda que non poida empregarse para as funcións máis avanzadas, cumpre con aplicacións básicas (como a lectura de documentos, a navegación pola web ou a reprodución multimedia) e videoxogos, especialmente se temos en conta o seu prezo tan axustado.

Pese ao seu prezo axustado o tablet é capaz de operar con Android 4.0.1

PUBLICIDADE