Uncharted 4 adÃa o seu lanzamento mes e medio
mércores, 23 de decembro do 2015
Os seareiros das aventuras de Nathan Drake terán que ser
pacientes, pois Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón, xogo que terÃa que ter visto a luz durante
esta campaña de Nadal e que decidirán adiar o
seu lanzamento até o 18 de marzo de 2016, volve retrasar a súa data de
lanzamento, de xeito que non
o veremos nas tendas até o 27 de abril de 2016.
Dende Naughty Dog aseguran que están ante o Uncharted
máis grande que fixeron até o momento, e segundo foron achegándose ás datas de
entrega e ir pechando niveis do xogo, foron decatándose de que moitas
secuencias importantes precisaban de recursos adicionais para completalas co
niveis de calidade propios deste esixente estudio, polo que prefiren
comercializar o xogo máis tarde a entregar un produto que teña que recibir
varias actualizacións para funcionar satisfactoriamente.
- Naughty Dog decidiu volver adiar o xogo para pulir detalles que permitan entregar un produto que estea á altura das expectativas dos seareiros da saga