Unha almofada incorpora altofalantes para poder escoitar a televisión na cama sen molestar
mércores, 12 de xuño do 2013
Para poder escoitar comodamente a televisión (ou música) na
cama, sen perturbar o descanso da parella por ter o volume moi alto, chega o SoftSound Pillow
Speaker, un orixinal sistema composto por un emisor sen fÃos (por
radiofrecuencia) que conectaremos ao televisor ou ao equipo musical que levará
o sinal ata unha curiosa almofada que inclúe un par de altofalantes e un mando
a distancia (integrado para evitar perdelo ao caer durmidos) que conseguen ser
confortables grazas a que están rodeados por unha espuma especial que fai que
non notemos a rixidez dos altofalantes. Por desgraza, esta solución multimedia non
está ao alcance de todos os petos, pois custa 129,99 dólares (97,28 euros).
VÃdeo de presentación da SoftSound Pillow Speaker