Unha alternativa ao Chromecast baseada en Firefox OS verá a luz grazas ao micromecenado
mércores, 1 de outubro do 2014
Nos últimos meses deuse conta de que dende Mozilla estaban a
traballar nunha alternativa ao Chromecast de Google baseado en Firefox OS, e
para que este produto vexa a luz chegou
estes dÃas a Kickstarter unha campaña de captación de fondos que en poucas
horas conseguiu trunfar, superando os 100.000 dólares precisos para que sexa
realidade o MatchStick, o primeiro
dispositivo HDMI baseado no sistema operativo de Firefox que busca levar
contidos multimedia e xogos aos televisores de alta definición cun prezo moi
axustado.
O MatchStick permite que poidamos cargar nunha pantalla de alta definición
contidos da Rede achegados a través de Wi-Fi, o que facilitarÃa o consumo de
contidos de lecer no ámbito doméstico á vez que tamén servirÃa como unha
solución para a realización de presentacións profesionais, sempre apostando por
unha plataforma na que o hardware e o software están abertos, xa que este
trebello serÃa o primeiro produto deste tipo certificado para Firefox OS.
As posibilidades do MatchStick son practicamente as mesmas que as do
Chromecast, pero parte dun prezo de 18 dólares (18,22 euros) a través de
Kickstarter, o que supón unha importante rebaixa fronte o modelo comercial
final, que venderase a 25 dólares, continuando a ser máis económico que o
Chromecast, que oficialmente véndese a 35 euros (aÃnda que sexa posible mercalo por
17,99/22,99 euros a través dunha promoción, polo que dá a impresión de que
o prezo non deberÃa ser o factor decisivo para a compra do MatchStick, senón a
súa proposta aberta). Os mecenas
comezarán a recibir o seu MatchStick a partires do mes de marzo de 2015, aÃnda
que os desenvolvedores xa poderán facerse coas unidades de proba a partires do
mes que vén.
- O MatchStick é un trebello pequeno e transportable, que dota a pantallas con entrada HDMI de capacidades propias dun Smart TV