Unha aplicación permitirá editar xogos e experiencias dentro de Fortnite
xoves, 16 de marzo do 2023
Epic Games está a
explorar un novo xeito de revitalizar Fortnite abrindo a plataforma a
terceiros, para o que van lanzar o Unreal
Editor para Fortnite, unha nova aplicación para PC que permitirá deseñar,
desenvolver e publicar xogos e experiencias directamente en Fortnite.
A aplicación contará con moitas das ferramentas e procesos de traballo de Unreal
Engine 5, como a importación de recursos personalizados, o modelado, os
materiais e efectos visuais, Sequener e o rig de control, de xeito que
estará dispoñible todo un mundo de opcións para producir e publicar xogos e
experiencias que poderán gozar os millóns de xogadores de Fortnite.
O Unreal Editor para Fortnite tamén integra unha nova linguaxe de programación
chamada Verse, con potentes capacidades de personalización, como a manipulación
ou o encadeamento de dispositivos e a posibilidade de crear de xeito doado unha
nova lóxica de xogo.
Está previsto que a nova aplicación estea dispoñible o vindeiro dÃa 22, no
marco da Game Developers Conference, congreso
no que enténdese que darán detalles sobre esta interesante proposta de Epic
Games.