Unha base de balística estadounidense acada compradores en eBay
mércores, 26 de setembro do 2007
Un vello amigo deste que escribe adoitaba a
dicir con certa retranca pero no sen certa razón que “todo o que a vida me estivo a negar atopeino na Internet”.
Pensándoo coa perspectiva do tempo, se este colega en cuestión non fose un
xenio dos que de maneira inevitable esmorecen pobres, case se podería dicir que
hai moitas posibilidades de achalo entre a listaxe de poxadores que están a
tentar facerse cunha base intercontinental de balística que nestes intres fica
á venda en eBay pola “módica” suma de un millón de euros.
O complexo en cuestión, que non ten mísiles
(se cadra poderemos chegar a un acordo cos vendedores, ben é sabido como
funciona eBay), é -como o describe o artigo da BBC que
publica a nova- “o sono dun aspirante a
inimigo de James Bond”, xa que conta cunha “serie de túneles subterráneos e silos”, e aínda conserva o seu
perímetro con aramios de púas e todo. O inmoble en cuestión atópase “nun remoto recanto de Washington” e,
segundo os seus vendedores, a finca de 56 acres convérteno nun “potencial centro vacacional”.