Unha bolsa de auga quente para aturar o frío mentres usamos o rato

venres, 23 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Cando comeza a apertar o frío existía un método para poder manter os pés quentes na cama consistente nunha bolsa que se enche de auga quente, e que así mantén a calor durante toda a noite, e esta práctica inspirou unha alfombrilla para o rato que precisa para a súa alimentación de 2 portos USB 2.0, que emprega para quecerse, de xeito que a man do usuario mentres emprega o rato mantense quente.
Esta orixinal bolsa de auga quente por USB mide 27,5 x 16,5 x 2 centímetros, pesa 165 gramos e está dispoñible en azul, branco e amarelo por 19,90 dólares (12,67 euros).

Esta curiosa alfombriña para o rato con forma de bolsa de auga quente véndese en 3 cores distintas

PUBLICIDADE