Unha gaiola facilita gravacións de vÃdeo máis profesionais co móbil
martes, 29 de marzo do 2022
Dende
Moment levan anos traballando na creación de obxectivos para smartphones,
dotando aos nosos móbiles dunha maior versatilidade para a gravación de vÃdeo,
e a incorporación de MagSafe nos iPhone levounos
a reaccionar cunha chea de accesorios como micrófonos e fachos que poden
engadirse dun xeito áxil e doado, pero agora levan o concepto un paso máis
adiante coa Moment
Mobile Filmmaker Cage, unha gaiola para cámaras que pode suxeitarse ao
móbil mediante MagSafe e á que podemos conectar accesorios como micrófonos e
fachos con formatos estándar á vez que suxeitar dun modo máis cómodo o teléfono
durante as gravacións de vÃdeo, podendo asà tirar un maior proveito dos populares
obxectivos de Moment.
Esta interesante gaiola permite un agarre firme, fai doada a organización dos
cables dos accesorios, pode colocarse de xeito seguro sobre unha superficie
plana e pode adquirirse por 99 dólares. AÃnda que a gaiola de Moment está
deseñada para o iPhone, o seu fabricante tamén facilita a adquisición de fundas
para móbiles que permiten o uso de accesorio para MagSafe en móbiles como o
Pixel 6 e 6 Pro e os móbiles Samsung Galaxy S21 Ultra, S22, S22+ e S22 Ultra.
VÃdeo no que amosan o Moment Mobile Filmmaker Cage