Unha impresora 3D opta polo plástico reciclado como filamento

martes, 8 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Will.i.am promove a nova impresora da súa empresa 3DSystems

Apadriñada polo artista Will.i.am chegará nos vindeiros meses ao mercado a nova impresora 3D EKOCYCLE Cube, que terá un prezo de 1.199 dólares (882 euros) e que destaca por permitir o uso de botellas de plástico PET como compoñente dos seus cartuchos de filamento.
Este produto desenvolvido por 3DSystems en colaboración con Coca-Cola quere facer que a creación mediante a impresión 3D poida ser respectuosa co medio ambiente, e aínda que esta solución poida servir para imprimir multitude de obxectos, cómpre destacar que o resultado tería unha flexibilidade como o das botellas de plástico, aínda que en vez de transparentes, permitiría crear produtos en 4 cores: natural, vermello, negro ou branco.
Os produtos que poderán imprimirse na EKOCYCLE Cube poderán ter unhas dimensións máximas de 15 x 15 x 15 centímetros, terán unha precisión de 70 microns, e para o seu filamento empregariamos cartuchos de plástico reciclado (cada cartucho contería o plástico equivalente a 3 botellas de medio litro de Coca-Cola).

A impresora EKOCYCLE Cube poderá empregar plástico PET como filamento


Vídeo promocional da impresora 3D EKOCYCLE Cube

PUBLICIDADE