Unha tarxeta permite cargar de xeito doado música, xogos e programas na Nintendo DS

mércores, 18 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Tarxeta DS-XtremeOs posuidores de consolas Nintendo DS e Nintendo DS Lite pode deixar de limitar a súa consola ós produtos oficiais que saian para as mesmas grazas a multitude de dispositivos que permiten mellorala, destacando entre todos eles a DS-Xtreme, que é unha tarxeta cunha memoria interna de 4 Gbits (512 Mb) na que se poden almacenar aplicacións caseiras, copias de xogos e ficheiros de son.
A tarxeta inserida na Nintendo DSEsta tarxeta resulta realmente impresionante por non precisar de complexos procesos para pola en funcionamento, xa que incorpora un porto USB en miniatura co que se conecta ó PC (que a recoñece como a calquera memoria USB) e con arrastrar e soltar os ficheiros á tarxeta xa se pode acceder ós mesmos.
Así, os usuarios da Nintendo DS poden reproducir temas en formato MP3 de xeito doado, convertendo a súa consola nun reprodutor multimedia que poderá mellorar a súa oferta de software con aplicacións coma emuladores ou outros programas que permitan sacar proveito da consola de Nintendo, aínda que a outra cara da tarxeta é que serve para gardar copias de xogos, polo que pode abrir a porta á piratería da Nintendo DS por uns 125 dólares. Pódese navegar de xeito doado polos contidos gardados na DS-Xtreme

PUBLICIDADE