VAIO presenta os seus primeiros equipos deseñados tras segregarse de Sony
luns, 16 de febreiro do 2015
O verán pasado comezaron a comercializarse no Xapón os primeiros
ordenadores da marca VAIO que non estaban fabricados por Sony, compañÃa que
se desprendeu do seu negocio de ordenadores persoais, aÃnda que os novos
equipos conservaban a liña dos que vendÃa Sony no seu dÃa, pero por fin VAIO
comeza a realizar lanzamentos con identidade de seu, e agora ten os novos VAIO Z.
Estes novos equipos non se conformarán con ser simples ordenadores portátiles,
senón que tamén xogarán a baza de poder controlarse dun xeito semellante a unha
tableta (a súa pantalla táctil pode xirarse para estar accesible co ordenador
pechado).
O VAIO Z de referencia terÃa unha pantalla de 13,3 polgadas, unidade
SSD, procesador Intel Core i7 de quinta xeración e unha estrutura de aluminio
de carbono, conseguindo asà un impresionante portátil cun grosor de só 16,8
milÃmetros e cun peso de 1,34 quilogramos. Para mellorar aÃnda máis o atractivo
deste equipo, terÃa unha autonomÃa de até 15,5 horas, o que é todo un logro
para un equipo tan delgado e lixeiro. Este potente equipo pode xa encargarse no
Xapón a un prezo de 190.000 iens (1.405,43 euros). Tamén estará dispoñible en
configuracións máis modestas.
Adicionalmente tamén sairá á venda en maio o VAIO Z Canvas, que reducirÃa a súa
pantalla até as 12,3 polgadas (cunha impresionante resolución de 2.560 x 1.704
pÃxeles) sobre a que poderÃa empregarse un lapis dixitalizador, de xeito que
teriamos un digno competidor da Surface Pro 3 de Microsoft, que buscarÃa
facerse co favor dos usuarios máis creativos.