Vanquish terá un modo de xogo extremadamente difÃcil
venres, 30 de xullo do 2010
Shinji Mikami,
creador da saga coma Resident Evil, está
involucrado na creación do novo xogo de Platinum Games, Vanquish, que chegará ás tendas
europeas o 22 de outubro, e será un tÃtulo de acción en terceira persoa
para Xbox 360 e PlayStation 3 cunha ambientación futurista anuncia que poderÃa satisfacer
a moitos perfÃs de xogador, xa que contará con 4 niveis de dificultade. Recoméndase
aos usuarios que comecen a xogar polos modos doados, que parten dun Casual Auto (doado pero divertido, pois
limita o xogo a apuntar e disparar) e un Casual,
que servirán para pasarse logo ao modo Normal,
que será no que quedarán a meirande parte dos xogadores (e serÃa o modo
recomendado polo creador do xogo), posto que o modo DifÃcil será extremadamente complicado, sendo
definido por Mikami coma God Hard Mode,
ou sexa, só válido para os máis curtidos neste tipo de xogos.
Vanquish sitúa a acción nunha estación
espacial nun futuro non moi afastado, no que os EE.UU. e Rusia loitas polos
escasos recursos enerxéticos do planeta, e no que tomaremos o papel de Sam
Gideon, creador de ARS (un traxe que o converte nun supersoldado) e lÃder dun
escuadrón que enfrontarase aos rotos rusos para retomar o control da estación.
- Mikami recomenda xogar a Vanquish no nivel de dificultade Normal