Venden un rato óptico que funciona sobre o vidro

mércores, 25 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os vellos ratos informáticos con bola resultaban moi incómodos porque se enchían de lixo no seu interior o que producía fallos no seu funcionamento e obrigaba ós seus usuarios a unha limpeza periódica dos mesmos, o que chegan a resultar desesperante nalgúns contornos, o que levou ós fabricantes a popularizar os ratos ópticos, que detectan os seus desprazamentos mediante un díodo LED, pero que tamén teñen problemas con certas superficies (principalmente polas súas características de refracción da luz).
Para evitar este problema Royche lanzou o Glaser Mouse X6-70D que funciona practicamente en calquera superficie, incluíndo o vidro ou o mármore, cunha grande precisión (do 99%) e que incluso conta con botóns programables. Ademais, o prezo no mercado coreano parece reducido para as súas características: uns 15 euros.

PUBLICIDADE