Venetica un novo RPG para PC e Xbox 360

mércores, 21 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Dtp anunciou novos detalles do xogo que está a desenvolver para PC e Xbox 360, Venetica, que non introduce na pel da nova e fermosa filla da Morte, Scarlett, quen emprende unha viaxe fantástica a Venecia para loitar contra o mal. O personaxe, aparte de poder moverse por rúas, canles, tellados e casas tamén pode comunicarse cos mortos saltando ao Mundo do Crepúsculo, o que permítelle acceder a elementos únicos no xogo, para o que deberá adestrarse no uso de habilidades sobrenaturais.
O inimigo de Scarlett será o malvado nigromante Victor, que se fixo cos poderes da Morte e ameaza a todo o mundo. Os seus axudantes transfórmanse no xogo en enormes monstros aos que haberá que derrotar, pero non todos os personaxes serán inimigos, senón que outros será unha axuda, coma un par de pantasmas que descobren portas ocultas e amosan distintos trucos a Scarlett neste xogo RPG de acción que aposta por unha historia profunda na que nos poderemos introducir cando chegue ás tendas Venetica ao longo deste ano.

Scarlett enfrontarase a enormes monstros en Venetica

PUBLICIDADE