Videocámara 3D de Aiptek

venres, 2 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A cámara capta as imaxes con dúas lentes e tamén conta con pantalla 3D (sen lentes especiais)

A chegada dos televisores 3D ao mercado e o anuncio da Nintendo 3DS está a levar a moitos fabricantes a apostar definitivamente por tal tecnoloxía para uso doméstico, e a partir do mes de agosto estará dispoñible a nova cámara de vídeo compacta Aiptek 3D, que permite tanto tomar fotografías de 5 Mpíxeles coma gravar vídeo en alta definición a 720 (a 30 fotogramas por segundo), ambos en modo estereoscópico que podemos percibir na súa pantalla de 2,4 polgadas cunha resolución de 480 x 240 píxeles, nun televisor compatible con 3D ao que podemos conectar a cámara por HDMI ou nun marco dixital de 7 polgadas que tamén comercializará Aiptek.
A cámara almacena os contidos en tarxetas SDHC de ata 32 Gb, integra tanto micrófono coma altofalantes estéreo e conectividade USB 2.0. O seu prezo de venda será de 199 euros (aínda que nos EE.UU. poderá adquirirse por uns 199,99 dólares).


Vídeo de presentación da nova videocámara 3D de Aiptek

PUBLICIDADE