Artigos desta sección
Arale terá o seu propio xogo para Nintendo DS
Moitos xogadores sorprendéronse agradablemente ó ver que no xogo Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 3 se podía seleccionar á nena-robot Arale Norimaki (quen xa protagonizara unha serie de televisión emitida pola TVG hai anos) para enfrontarse ós inimigos de Son Goku coma os malvados membros do exército do Xeneral Red, pero para os que non tiveron dabondo están a (...)
Ler máisOs Cazapantasmas volven ó mundo dos videoxogos
A saga cinematográfica de Cazapantasmas levara 2 entregas á grande pantalla e varias adaptacións das mesmas ós videoxogos, e agora queren volver nun novo título de Sierra (Vivendi) que podería chegar ás tendas no outono de 2008 e que promete ser realmente espectacular. O novo xogo está a ser desenvolvido por dúas empresas: Terminal Reality prepara as versións (...)
Ler máisO día 21 chega ás tendas Singstar Latino
O vindeiro mércores, cunhas 3 semanas de retraso, chegará ás tendas españolas unha nova entrega de Singstar, o xogo de karaoke para a PlayStation 2 de Sony que atenderá a demanda do público hispanofalante que se vía marxinado polos anteriores entregas nas que predominaban os temas en inglés, de xeito que Singstar Latino lles permitirá imitar ós seus cantantes (...)
Ler máisO Batman de LEGO estreará videoxogo en 2008
A división de lecer interactivo da Warner e Travellers’s Tales Games confirmaron que en 2008 estrearán para videoconsolas e PC o xogo LEGO Batman: El Videojuego que seguirá a liña de Star Wars e Indiana Jones en converter a grandes heroes do cine en videoxogos baseados en deseños de pezas de LEGO (de feito, contará co mesmo equipo de desenvolvemento). O (...)
Ler máisRayman: Raving Rabbids 2 chega ás consolas de Nintendo
Hoxe chegan ás pantallas das consolas de Nintendo os coellos tolos que popularizou Rayman, en 2 xogos que se adapta cada un á súa correspondente consola. Rayman: Raving Rabbids 2 é así un dos produtos máis agardados polos seguidores destes coellos que tan ben se venden a través de anuncios nos que parodian dende o mundial de fútbol ata as feiras tecnolóxicas, (...)
Ler máisProposta de casamento en Halo 3
A primeiros de mes o xogo Halo 3 serviu para que o xogador Moviesign, botando unha partida con varios amigos entre os que se atopaba a súa moza Furtive Penguin, levase á súa compañeira ata un lugar onde supostamente estaría unha espada de enerxía e no que realmente había unha serie de armas colocadas de xeito que formaban a pregunta «Marry Me?», ou sexa, (...)
Ler máisAssassin’s Creed chega ás tendas precedido dunha festa de presentación
Hoxe sae á venda para PS3 e Xbox 360 o agardado xogo Assassin’s Creed de Ubisoft, e para celebrar este lanzamento os seus responsables organizaron unha festa de presentación nunha discoteca de Los Ángeles á que asistiron famosos coma John Hensley (da serie Quita e Pon), Lauren Conrad, Zachary Levi, Shawn Pyfrom (de Mujeres Desesperadas), Masi Oka e Kristen (...)
Ler máisLumines terá versión para PC
Q Entertainment solicitou ó Entertainment Software Ratings Board (ESBR) a cualificación por idade do xogo Lumines para PC, o que creou un ruxe ruxe sobre a posible aparición deste xogo musical de puzzles nunha versión para Windows, de xeito que pretenderían repetir o éxito do título na consola PSP na que é un referente (coma no seu día fora o Tetris para (...)
Ler máisBuzz Aldrin presenta a nova entrega de Mario en Madrid
O xogo Super Mario Galaxy presentouse hoxe por todo o grande no hotel Palace de Madrid, nun acto que contou coa participación de Buzz Aldrin, o segundo home en pisar a lúa, de xeito que o relevo de Super Mario Sunshine que leva ó fontaneiro Mario ó espazo evoluciona recuperando o aspecto tridimensional de anteriores entregas e desenvolvéndose en innovadores (...)
Ler máisO novo Guitar Hero axuda á venda de música
A finais de outubro chegou ás tendas norteamericanas o videoxogo Guitar Hero III baixo o lema Lendas do Rock (en Europa non se venderá ata o vindeiro día 23) e as consecuencias da comercialización deste novo título para PS2 chegaron máis aló do mundo dos videoxogos, pois a discográfica RoadRunner anunciou que o disco Inhuman Rampage de DragonForce (grupo (...)
Ler máis0 | ... | 6220 | 6230 | 6240 | 6250 | 6260 | 6270 | 6280 | 6290 | 6300 | ... | 6510