ViewSonic presenta un monitor a 120 Hz

martes, 26 de agosto do 2008 Marcus Fernández

As pantallas LCD están a mellorar a pasos axigantados, e ViewSonic xa amosou un prototipo do seu monitor de 22 polgadas VX2265wm que dobra a súa velocidade de refresco de 60 a 120 Hz, o que axuda ao panel a eliminar efectos de desenfoque e dobre imaxe, permitindo tamén una boa reprodución de escenas con movementos rápidos, o que agradecerán especialmente os afeccionados aos videoxogos.
A nova pantalla ten un tempo de resposta de só 3 milisegundos, unha resolución de 1.680 x 1.050 píxeles, o seu contraste é de 1.000:1, inclúe altofalantes de 2 vatios e incluso ten soporte de contidos estereoscópicos 3D (característica que funciona con tarxetas gráficas de nVIDIA).
Este tipo de monitores chegarán ao mercado antes de rematar o ano, e é de agardar que moitos outros fabricantes incorporen prestacións semellantes en breve.

PUBLICIDADE