Viewsonic achega un monitor táctil cun prezo moderado

luns, 25 de outubro do 2010 Marcus Fernández

A tecnoloxía multi-táctil nos escritorios informáticos cada vez está máis lonxe de ser un luxo, e convértese nunha opción máis a ter en conta, coma demostra o monitor Viewsonic VX2258wm, que vén de estrearse nas tendas europeas por 189 libras esterlinas (213,08 euros), o que é un prezo bastante atractivo para un monitor de alta resolución (1.080p), compatible con HDCP (o que permite o seu uso con reprodutores de Blu-ray e consolas de videoxogos de alta definición), con altofalantes SRS Premium, un tempo de resposta de 5 milisegundos e un sistema de axuste automático ante entradas de vídeo a 4:3 e 16:9, garantindo que as imaxes non aparecerán deformadas.
De todos os xeitos, cómpre lembrar que aínda que esta pantalla funcione á perfección con sistemas con sistemas operativos coma Windows 7, o uso de pantallas táctiles no escritorio non parece o máis axeitado para un uso intensivo, polo cansazo que produce o uso de interfaces táctiles en vertical, de xeito que o seu uso debería quedar restrinxido a casos moi concretos (puntos de información públicos, TPV, ordenadores para cativos…).

PUBLICIDADE