Vimeo estrea versión en español

xoves, 26 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Resulta abraiante que Vimeo, posiblemente o servizo de vídeo na Internet máis relevante despois de YouTube, con usuario en máis de 125 países de todo o mundo, agardase ata agora para adaptarse ao segundo idioma do que ten máis usuarios: o español. Dende hoxe Vimeo está dispoñible en español, grazas á contribución de usuarios de España, México, Colombia, Chile e Arxentina.
Os usuarios que empreguen un navegador web configurado en español accederán á tradución de Vimeo de xeito automático, mentres que o resto de usuarios poden optar por configurar a súa conta de usuario para que o servizo apareza sempre en español.
Estamos ante un paso importante para o servizo, pois unha vez que engaden unha segunda lingua, non terán moitos problemas en adaptar a plataforma para unha terceira e unha cuarta (que, ao parecer, serán o francés e o alemán). Agardemos que continúen na mesma liña, para que sexa posible un Vimeo en galego no futuro.


Vídeo do equipo de Vimeo no que anuncian a adaptación ao español da súa páxina web

PUBLICIDADE