Vodafone AURO, para persoas maiores
luns, 1 de xuño do 2009
Co
gallo da Semana
de portas abertas do Centro Estatal de AutonomÃa Persoal e Axudas Tecnicas
(CEAPAT) celebrado en Madrid presentouse o terminal Vodafone
AURO, que é un novo móbil pensado para as persoas maiores, cunhas teclas
numéricas de grande tamaño para facilitar a súa lectura, unha grande pantalla
en cor, mans libres, lanterna, alarma e un botón na parte traseira para chamar
ao servizo de emerxencias e incluso 3 memorias asociables a botóns de atallo
debaixo da pantalla do terminal (etiquetados coma M1, M2 e M3).
O novo móbil incorporarase nos vindeiros dÃas ao catálogo de terminais de
Vodafone, podéndose adquirir dende 0 euros (cun compromiso de permanencia de 18
meses).