Vodafone e DATAlife asócianse para impulsar a Galicia como rexión Next Generation en Europa
martes, 13 de xullo do 2021
Vodafone
de vén de alcanzar recentemente un acordou de colaboración co Hub
de Innovación Digital galego DATAlife. A operadora líder
europea convértese así na primeira compañía do sector de
telecomunicacións en unirse a esta iniciativa, que busca converter a
Galicia nunha rexión Next
Generation
en Europa.
Neste
marco, Vodafone apoia o proxecto NextGenRegion,
unha iniciativa liderada por DATAlife que conta coa participación de
máis de 50 empresas e entidades de toda España. O proxecto busca
xerar un efecto tractor sobre o sistema produtivo, o medio ambiente,
o turismo sostible e a saúde, preténdese, por tanto, favorecer a
diversificación económica e empresarial de cara a actividades
tecnolóxicas máis avanzadas.
Deste
xeito, Vodafone aportará todo seu coñecemento en Big Data,
Intelixencia Artificial, Internet
das Cousas (IoT)
e ciberseguridade
para acelerar a transformación dixital das empresas en Galicia,
facilitando o despegue e uso destas novas tecnoloxías. Así, a
operadora axudará a incrementar a competitividade das empresas da nosa terra, falecendo o ecosistema dixital galego.
“O
proxecto de DATAlife encaixa perfectamente co traballo que vimos
desempeñando en Vodafone para acelerar a transformación dixital dos
sectores que son estratéxicos para nosa economía”, remarca
Francisco
Vallejo, director de Vodafone en Galicia. Con este, Vodafone
presentou xa proxecto e iniciativas para fondos europeos por valor
aproximado de 900 millóns de euros, co que pretende combater a fenda
dixital rural e impulsar a competitividade industrial.