Vodafone é o primeiro operador móbil comprometido con Windows Phone 8
martes, 30 de outubro do 2012
- Os móbiles Nokia Lumia 920 e 820 serán os pioneiros de Windows Phone 8
Onte pola tarde a plataforma móbil Windows
Phone 8 oficializou a súa estrea, anunciándose que os primeiros móbiles co
novo sistema operativo chegarÃan ao mercado europeo a finais da presente
semana, sen detallar datas e paÃses, aÃnda que agora podemos recorrer á páxina
española de Windows Phone pasa saber se algún operador apostou pola
distribución destes novos móbiles e parece que nun principio Vodafone vai ser o
embaixador de Microsoft, pois achegará en exclusiva o HTC
Windows Phone 8X, incorporando tamén ao seu catálogo os Nokia
Lumia 920 e 820.
- O HTC Windows Phone 8S aÃnda non confirmou a súa dispoñibilidade en España
Non coñecemos os prezos aos que o operador británico traerá estes atractivos
móbiles no mes de novembro, pero debemos lembrar que estamos ante terminais de
alta gama, liderados polo icónico Lumia 920, que cunha pantalla de 4,5 polgadas
cunha resolución de 1.280 x 768 pÃxeles, 32 Gb de almacenamento interno e
cámara de 8.7 MpÃxeles con estabilización de imaxe óptica van converterse nun
dos móbiles máis demandados, seguido polo HTC Windows Phone 8X, que cunha
pantalla de inferior tamaño (4,3 polgadas) e cunha cámara de menor calidade
(con 8 MpÃxeles e sen a tecnoloxÃa PureView de Nokia, pero cun grande angular
que tamén resulta atractivo) consegue ser máis compacto, polo que serÃa a
opción ideal para moitos que queiran un bo smartphone con Windows Phone 8 sen
cargar cos 185 gramos do xigante de
Nokia. Nun plano secundario quedarÃa o Nokia Lumia 820, que segue a ser un
móbil de grande calidade, pero que ao deixar a resolución de súa pantalla de
4,3 polgadas nuns modestos 800 x 480 pÃxeles parece unha versión actualizada do
Lumia 900 (terminal de referencia en Windows Phone 7.x).
No tocante aos prezos e datas de lanzamento, polo momento sábese que o HTC Windows Phone 8X chegará ao catálogo de Vodafone o 20 de novembro a prezos que van dende os 0 euros (con migración a unha tarifa @XL de 80 euros/mes) ata 449 euros (para alta nova na tarifa @XS8 de 15 euros/mes). Tamén estará dispoñible sen permanencia por 42, 28 ou 21 euros/mes durante 12, 18 ou 24 cotas respectivamente.
O resto de móbiles con Windows Phone 8 é de agardar que comecen a chegar ao
mercado no mes de decembro.