Vodafone traerá en exclusiva o primeiro Windows Phone de LG

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

LG e Vodafone anunciaron esta semana o lanzamento do novo móbil LG GM750, que está baseado no sistema operativo Windows Mobile 6.5 que sairá oficialmente o vindeiro 6 de outubro, e que inicialmente chegará ao mercado español no mes de decembro en exclusiva coa operadora británica.
Este terminal estaría dirixido a un público profesional, xa que pretende servir principalmente para un acceso rápido á web e ao correo electrónico e a sincronizar o calendario do usuario. Conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, fai uso da interface S-Class 3D (popular polo terminal LG Arena), integra funcións de navegación GPS e tamén conta con conectividade Wi-Fi, funcións de reprodución multimedia e cámara de 5 Mpíxeles.

PUBLICIDADE